“Recreaciones”, exposición do artista brasileiro Edmundo Paz

36

Lugar: sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta de Galicia

Horario: de luns a venres, de 09 a 14 h. e 17 a 21 h.

 

A mostra, denominada “Recreaciones”, componse de obras pictóricas que unen sensibilidade, xogos plásticos e distorsións ópticas.

 

Edmundo Paz asegura que o seu proceso creativo pasa por espallar a pintura fresca para logo debuxar sobre ela, traballando sempre con decisión, a través dunha pincelada rápida e consecuente. En relación ao contido da súa obra, insiste en que sempre desexou expresar a relación do ser humano coa natureza e o seu contorno.

 

Deste xeito, os visitantes poderán gozar dunha colección na que non só se pode contemplar un lenzo de mil maneiras, senón na que, ademais de sensibilidade, transmítese tamén musicalidade. Hai quen dixo del que a súa pintura é como a “free music” ou a improvisación, da que bebe enormemente a música contemporánea. Así é a obra de Edmundo Paz, expresiva, dinámica e activa.

 

O crítico Ramón Rozas destacou sobre este artista a importancia que o xogo ten os seus lenzos. “Dentro do planeamento lúdico do feito artístico, el cómo vemos as cousas tamén é obxecto de preocupación para Edmundo Paz. Non me refiro a forzar o engano no espectador, pero si distraer a súa mirada, obrigarlle a provocar efectos dentro da propia peza, obtendo así matices”.