Programa divulgativo ‘Explicando’

78

Lugar: Casa Azul

Hora: de 19.30 a 21 h.

 

A Concellaría de Benestar Social Municipal inicia un novo programa divulgativo: 'Explicando'.

 

'Explicando' nace coa intención de aclarar cuestións cotiás de interese para as veciñas e veciños da cidade. Esta semana están programadas dúas charlas-coloquio impartidas por un enxeñeiro experto en temas de aforro.

 

A primeira delas será 'Explicando o recibo da luz. Aforro enerxético doméstico', e será o martes 30 na Casa Azul (sala Valdecorvos – 2º andar) de 19.30 a 21 horas.