Programa ‘Explicando’: Explicando as novas enerxías

38

Lugar: Casa Azul

Hora: de 19.30 a 21 h.

 

A Concellaría de Benestar Social Municipal inicia un novo programa divulgativo: 'Explicando'.

 

'Explicando' nace coa intención de aclarar cuestións cotiás de interese para as veciñas e veciños da cidade. Esta semana están programadas dúas charlas-coloquio impartidas por un enxeñeiro experto en temas de aforro.

 

O mércores 31, na Casa Azul (sala Valdecorvos-2º andar) de 19.30 a 21 horas será 'Explicando as novas enerxías'.

 

Nas charlas-coloquio haberá un Servizo de ludoteca para nenos e nenas de máis de 2 anos.