Audicións musicais comentadas. Ciclo introdución á Ópera

42

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: de 19:30 a 21:30 h.

Entrada libre

 

Os sábados 16, 23 e 30 de novembro de 19:30 a 21:30 h. no salón de actos do Sexto Edificio.

 

Ciclo introdución á Ópera. Audicións musicais comentadas, dirixidas e presentadas por Manuel López-Benito. Co primeiro ciclo de introdución á Ópera preténdese realizar unha viaxe iniciático a través da súa historia, estudando aquelas obras que representaron fitos definitivos no desenvolvemento do xénero musical escénico.

 

A Ópera, como a música en xeral, garda unha serie de claves e significados, cuxo coñecemento fan máis emocionante o seu goce ó tempo que esas claves nos permiten profundar no significado e no papel que desempeñou no devir histórico do ser humano e da arte. Partindo dos argumentos, dos contextos históricos e dos momentos estelares de cada unha das óperas que integran o ciclo, o obxectivo é que os asistentes ó mesmo coñezan por dentro cada unha delas e, en consecuencia, gocen dunhas veladas operísticas diferentes.

 

Farase fincapé, ademáis, nos aspectos máis destacables de cada ópera desde o punto de vista da dirección orquestral, das voces, da escenografía, do atrezzo, do vestiario, de la iluminación, é dicir, de todos eses elementos que fan da Ópera un espectáculo único. As obras que serán comentadas no ciclo son as seguintes: La Traviata, ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdiey libreto de Francesco Maria Piave, baseado na novela de Alexandre Dumas La dama de las camelias; La flauta mágica, singspiel en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto de Emanuel Schikaneder; Tosca, ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa, e El elixir de amor, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani.