Audicións musicais comentadas. Ciclo Vivaldi

72

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Entrada libre

 

Audicións musicais comentadas, adicadas a Antonio Vivaldi, dirixidas e presentadas por Manuel López-Benito.

 

Antonio Vivaldi é un dos máis xenuínos representantes do barroco musical europeo e un dos compositores máis prolíficos, non só para a forma musical de concerto, senón que, ademais, nos legou moitos exemplos de música de cámara, vocal e de escena, un personaxe cunha experiencia vital apaixonante que soubo compaxinala coa súa extraordinaria capacidade musical e artística e que foi, como non podía ser doutra maneira, fonte inesgotable de inspiración e acicate para a súa música.

 

Ao largo das audicións farase un percorrido por un dos momentos máis interesantes da arte europea, o Barroco. Da man de Antonio Vivaldi, a súa biografía e a súa obra, Manuel López-Benito acercará os asistentes ata a Serenísima República de Venecia para coñecer a importancia e a organización da música nela, continuando tamén por Europa para seguir as exitosas estreas das súas óperas. Serán analizadas musicalmente as liñas mestras das súas composicións, para rematar o periplo en Viena, onde falecería “Il Prete Rosso” o 28 de xullo de 1741.