II Encontro de Conservación e Restauración

75

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 09:30 h.

 

Organizado conxuntamente, en virtude do convenio asinado o pasado ano, polo Museo e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, celébrase no salón de actos do Sexto Edificio desde o 14 ó 16 de novembro. Ten como título xenérico Do laboratorio á obra: aplicación práctica do coñecemento científico á conservación-restauración de materiais pétreos.

 

Este II Encontro está dirixido a todos os grupos profesionais involucrados en labores de conservación e restauración de bens de carácter cultural que teñen como soporte un material pétreo (restauradores, arquitectos, historiadores da Arte, químicos, biólogos, xeólogos, arqueólogos, etc.) e tamén, dada a súa finalidade formativa, non excluínte, a todas as persoas que están cursando actualmente esas ou outras materias afíns.

 

As inscricións realizaranse no Rexistro do Museo e efectuaranse por rigorosa orde de entrada ata completar o número de prazas, limitado a 240 persoas, finalizando o prazo o día 12 de novembro.

 

Tamén poderán ser enviadas por correo electrónico á dirección secretaria.museo@depo.es

 

Os asistentes recibirán un diploma acreditativo e tense solicitado un crédito de libre disposición á Universidade de Vigo.

 

Ver o programa completo no documento adxunto:
 

Ver documento PDF