Pontevedra conmemora o Día internacional dos dereitos do nenos

33

A Concellaría de Benestar Social Municipal adica este ano o Día internacional dos dereitos do neno, que se celebra o vindeiro 20 de novembro, ao dereito á educación. En colaboración coa Fundación Meninos, estreita colaboradora coa concellaria, Benestar Social Municipal organiza un ciclo de cine infantil os mércores 7, 14, 21 e 28 de novembro, así como un concurso de debuxo escolar.

As películas programadas son:

  • Mércores, 7: Onde viven os monstros
  • Mércores, 14: The secret of Kells
  • Mércores, 21: Río
  • Mércores, 28: As aventuras de Sammy.

Ademais, organiza un concurso de debuxos entre os centros de ensino do concello que terá como temática "Os soños das bolboretas" na que se pretende transmitir a visión dos nenos sobre o dereito que teñen á educación. Haberá tres premios por ciclo escolar: Infantil, primeiro ciclo de Primaria, segundo ciclo de Primaria e terceiro ciclo de Primaria.

Un xurado fará unha selección dos mellores debuxos para facer unha exposición e escollerán os gañadores por ciclo. Os premios serán lotes de libros adaptados para cada ciclo escolar donados pola editorial Kalandraka e as librerías Paz, Cronopios, Escolma, El Pueblo e Seijas.

O día 20 de novembro, Día internacional dos dereitos do neno está previsto unha entrega de premios nun acto que se desenvolverá no Teatro Principal a partir das 18.00 horas e que terá como complemento a representación teatral "Antía, wamba e o regato pequeno" de Tropa de Trapo, contos e música.