Saída: Pazo da Cultura
Hora: 09:30 h.
O percorrido será Pontevedra-Carballiño-Ourense-Peares-Belesar, 264 km bordeando o río Miño. A saída será ás 09.30 h. dende o aparcamento do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Farase parada en Belesar para xantar no Restaurante Abacería O Batuxo, o menú ten un prezo de 15 euros, que habera que abonar no momento da inscrición.
Esta actividade é aberta para todo o mundo. A inscrición realizarase na oficina da Sede Social na Praza de Curros Enriquez ata o mércoles día 07 de Novembro.
Adxuntamos cartel e menú.