Pontevedra formará parte dun grupo de expertos do Estado para fomentar a mobilidade infantil autónoma

66

O Centro Nacional de Educación Medioambiental, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, convocou este xoves, 8 de novembro, ao Concello de Pontevedra para a constitución dun grupo permanente de estudo sobre a mobilidade infantil autónoma no ámbito urbano. A cidade de Segovia será o lugar da primeira reunión deste grupo de expertos de todo o Estado, no que Pontevedra estará representada a través do seu intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle.

Nesta primeira reunión preténdese favorecer o encontro e a aprendizaxe mútua entre representantes de entidades, colectivos e administracións interesados en mellorar as condicións da vida da infancia urbana a través da promoción da súa mobilidade sostible e autonóma. Neste ámbito, Pontevedra achegará a súa experiencia nos Camiños escolares e na promoción da bicicleta.

O grupo de traballo, que se reunirá unha vez ao ano, alomenos, estará integrado por:

• Responsable do Concello de Madrid do programa: Madrid a pie.
• Representante do Concello de Tasarras para tratar a bicicleta en Tasarrasa
• Profesor da Universidade Autónoma de Barcelona que achegará a experiencia sobre os camiños escolares en Cataluña
• Proxecto Educabici dunha consultora e investigadora de mobilidade en bicicleta que abordará as políticas de mobilidade en bicicleta en Europa.
• O Concello de Pontevedra para expor a experiencia nos programas de mobilidade dirixidos á infancia en Pontevedra.
• Un representante da Dirección Xeral de Tráfico que falará sobre “Hacia unha nova concepción da educación vial”
• Mobilidade infantil desde as asociacións pro-bici
• Mobilidade infantil desde as asociacións en defensa do peón
• Autonomía desde a familia: abordando os medos. Grupo GEA-21. Alfonso Sáez.

O propósito é elaborar un estudo sobre a mobilidade infantil e facer propostas e melloras á mobilidade urbana nas cidades co intercambio de experiencias e boas prácticas no ámbito da mobilidade autónoma infantil das cidades. Quérese por en marcha fórmulas de sensibilización social, visibilización do problema, de colaboración e esforzo mútuo, de influencia sobre as institucións… que contribúan a estender e normalizar a mobilidade infantil autónoma.