Exposición de pintura, de Meijide

74

Lugar: Liceo Casino

Horario: de 09 a 22:30 h.

 

Exposición de pintura, de Meijide no local social do Liceo Casino de Pontevedra (rúa Manuel Quiroga, 21). Nas obras, xeralmente abstractas, evidénciase un traballo de experimentación e investigación realizado cunha absoluta liberdade de procedemento, técnicas e estilo. As contradicións da vida cotiá, a crítica social, as preguntas sen resposta ou as cuestións existenciais son algúns temas que o autor, a través da creación plástica, intenta trasladar dende a súa filosofía persoal ao lenzo.