Exposicións sobre a lingua galega

53

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra ofrece a aqueles centros de ensino ou asociacións que o soliciten unha ampla escolma de exposicións sobre a lingua galega e os autores e autoras máis destacados.

As exposicións pódense solicitar ao longo de todo o ano e son de balde, para que toda a comunidade educativa (alumnos/as, profesores/as, persoal non docente, familias…) poida gozar delas nos centros de ensino.

Ata o remate do presente ano a Concellaría de Normalización Lingüística ofrece, ampliando o catálogo habitual, a exposición Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!, froito da colaboración entre o Concello de Pontevedra e a Fundación Manuel María.

 

Nela faise unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, adiantando a celebración, no 2013, do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.

 

As exposición que serán cedidas nos vindeiros meses son as seguintes:

 

· “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”. CEIP Campolongo, do 5 ao 21 de novembro.

 

· “O galego tamén noutros mundos”. IES Frei Martín Sarmiento, do 8 ao 20 de novembro.

 

· “Exposición sobre Manuel Murguía”. EPA Río Lérez, do 12 ao 23 de novembro.

 

· “O galego tamén noutros mundos”. CEIP Barcelos, do 21 de novembro ao 21 de decembro.

 

· “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”. IES Xunqueira 2, do 22 de novembro ao 5 de decembro.

 

· “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”. Sagrado Corazón de Xesús, do 7 ao 17 de decembro.

 

Os centros de ensino e asociación que desexen información sobre as exposicións en préstamo poden contactar co:

 

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra

Rúa dos Churruchaos, 2-1º andar. 36071, Pontevedra

Teléfono: 986 863 157/ Fax: 986 851 800

snl@pontevedra.eu