Lugar: Sexto Edificio do Museo. Rúa Padre Amoedo, 3
Horario: de martes a venres, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 h e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.
Exposición antolóxica do pintor Manuel Aramburu (León, 1936). A través de 142 obras de coleccións particulares e institucionais, ademais de 47 da propia colección do pintor, faise un recorrido pola súa traxectoria artística desde os seus comezos ata a actualidade.