Obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe

52

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Galega da Lingua (AGAL), ofrece aos centros educativos a posibilidade de realizar obradoiros nos que os alumnos/as aprenden que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, sabendo falar galego teñen unha clara vantaxe competitiva. Máis de 500 alumnos/as de diferente niveis e centros educativos participarán nestes obradoiros ao longo dos meses de novembro e decembro de 2012 e xaneiro de 2013. Obxectivos: Poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos. Mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía.

+info. en: ops.agal-gz.org/