Pontevedra acolle este sábado a fase final da Copa Galega cadete de baloncesto

44

Pontevedra acolle este sábado a fase final da Copa Galega cadete de baloncesto. O evento foi presentado hoxe no Concello polo responsable de Deportes, Agustín Fernández, e o presidente do Baloncesto Estudiantes Pontevedra, Miguel Barreiro.
Un total de catro equipos da comunidade autónoma disputaranse o título. Os partidos de semifinais comezarán pola mañá e o título decídese pola tarde, de acordo co seguinte horario:

  • 10,30h  Instituto Rosalía – Porriño Baloncesto Base
  • 12,30h  Estudiantes Pontevedra – Santyago
  • 17,00h Tercer y Cuarto puesto
  • 19,00h Final

O torneo celébrase na Aula de Educación Física do instituto Xunqueira I, cancha habitual nos partidos do Baloncesto Estudiantes Pontevedra.
Agustín Fernández destacou que unha das alegrías do seu mandato foi a fusión dos dous clubs de baloncesto masculino da cidade, nova que anima a seguir apostando polo baloncesto como deporte referente.
O presidente do Baloncesto Estudiantes afirmou que o club local, unha vez que logrou meterse na fase final, parte coas máximas aspiracións para gañar esta competición.
Miguel Barreiro destacou que é a primeira vez que organizan un evento deportivo, eido no que queren ir introducíndose paulatinamente a medida que vaia culminando o proceso posterior á fusión.
Engadiu que a integración marcha moi ben, pero precisan desta tempada para poder asentarse. Contan con máis de 300 xogadores repartidos en varias escolas deportivas. Están en todas as categorías e camiñando na integración de novos técnicos. Tamén se incorporou ao proxecto Cuco Rodríguez procedente de Menorca Basket, que a pasada tempada militou en ACB. Foi xogador do Celso Míguez, preparador físico das seccións inferiores da Selección Española de Baloncesto e do Rosalía de Santiago aparte de coordinador de a Federación Galega de Baloncesto. Sen embargo, engadiu, chegoulle unha oferta do Donestk ucraíno para esta temporada, polo que a súa vinculación será, polo momento, informal.