Rapoemas con Aid

69

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ofrece aos centros de ensino secundario o obradoiro Rapoemas con Aid.

Esta actividade desenvolverase a partir do libro-disco da rapeira Aid titulado Rapoemas, que se basea en poemas dos clásicos galegos: Rosalía, Curros, Manuel Antonio e Cunqueiro, musicados coa forza do hip hop. Os participantes traballarán o proceso de musicar letras, traballando os ritmos e as métricas, empregando o hip hop.

Máis de 400 alumnos/as de ensino secundario de diferentes centros e grupos do Local de Ensaio participarán nestes obradoiros. Froito da colaboración entre os Concellos de Pontevedra e Poio, tamén poderán participar alumnos e alumnas do IES deste municipio.

O venres día 11 de xaneiro, pola mañá, haberá un concerto de Aid cos músicos que participen nos obradoiros Rapoemas do Local de Ensaio. Estarán convidados todos aquele mozos e mozas que fagan os obradoiros nos centros de ensino.

IES de Poio
Alberte Lago_986771295
2 grupos= 100 alumnos/as de 3º de ESO
Luns 12 de novembro (pendente de pechar horas)

IES Frei Martín Sarmiento
Marisa Vázquez_986852654
2 grupos= 90 alumnos/as de 2º ESO
Mércores 14 de novembro, de 9.20 a 10.10 h e 10.20 a 11 h

IES Xunqueira 2
Miguel Anxo Martín_986872484
1 grupo= 50 alumnos/as de 4º de ESO
Venres 16 de novembro, de 10.25 a 11.15 h

IES A Xunqueira 1
Manuel Reboredo_986872150
1 grupo= 50 alumnos/as de 3º ESO de 4º ESO
Venres 16 de novembro, de 13.30 a 14.20 h

IES Sánchez Cantón
Janeiro_986847002
2 grupos= 100 alumnos/as de  4º Eso e 1º Bach
Luns 19 de novembro, de 9.50 a 10. 40 h e de 10.50 a 11.30 h