“Picasso. O equibrio e a vertixe”

71

Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia – Café Moderno. Rúa Augusto González Besada, 1

Horario: de luns a sábado de 17:30 a 20:30 h. Sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 17:30 a 20:30 h.

"Picasso. O equibrio e a vertixe" estará aberta ao público ata o próximo 20 de xaneiro de 2013, ofrecendo un repaso da obra gráfica do artista malagueño que, ademais de poder ser concretada nun tempo específico da súa traxectoria profesional, tamén se pode estruturar en función da temática e da forma dominantes en cada un dos sesenta e dous gravados presentes na citada exposición. As naturezas mortas, os grupos femininos, o pintor e o seu modelo e as representacións surrealistas conforman as catro seccións en que se divide "Picasso. O equibrio e a vertixe".

Os asistentes á exposición poderán gozar todos os xoves ás 19 h. dunha visita guiada. Ademais, ofrecemos a oportunidade de que todos os centros escolares, colectivos ou asociacións, que así o soliciten, poidan acordar tamén visitas a "Picasso. O equibrio e a vertixe" chamando ao teléfono 986 864 612.