Coñecendo as riquezas patrimoniais de San Amaro

72

A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza visitas guiadas polo cemiterios de San Amaro, de Canicouva e ás mámoas de Castiñerias para coñecer a riqueza do patrimonio funerario do noso concello.
San Amaro cumpre neste ano 130 anos dende a súa construción. O percorrido que está previsto para este sábado centrarase nas personaxes e na historia tanto social, como económica, ideolóxica, e relixiosa do camposanto.
San Amaro foi obra do coñecido arquitecto pontevedrés Alejandro Rodríguez Sesmero cando aínda existía a obriga de levantar os camposantos no exterior das cidades. Presenta unha parte axardinada para os cidadáns máis pobes así como panteóns significativos trasladados dende Benito Corbal ou mausoleos como o de Eduardo Vicenti ou Dolores Montero.
A visita á Canicouva será o sábado, 17 de novembro para coñecer a Cámara do Santo ou a Rosa dos franceses vinculada á Guerra da Independencia. Este ciclo de visitas rematará coa ruta polas mámoas de Castiñeiras.
Todas as visitas comezarán ás 11 da mañá e non é necesaria unha inscrición previa.