Pontevedra pechará o Ano Paz Andrade cun congreso sobre a súa figura

92

O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 13, 14 e 15 de decembro o Congreso sobre Valentín Paz Andrade co cal a Real Academia Galega pechará o ano das Letras adicado ao pensador e galegista pontevedrés, nado na parroquia de Lérez.

O presidente da institución Xosé Luís Méndez Ferrín, e o secretario Xosé Luís Axeitos presentaron ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e á concelleira de Cultura, Anxos Riveiro as trazas fundamentais deste congreso que lembrará a figura de Paz Andrade deste distintas ópticas da súa vída: xornalismo, política, do compromiso coa lingua, coa poesía…

Ferrín anunciou a presenza "de todo aquel que ten algo que dicir sobre Paz Andrade": Alonso Montero, Manolo Rivas, Camilo Nogueira, Ánxel Vence, Ana Acuña…

O alcalde quixo "agradecer á RAG que teña pensado en Pontevedra pola relación que este persoeiro ten con esta cidade". Tamén agradece "a sensibilidade e delicadeza que teñen con Pontevedra ao dar a opción a achegar nestes tres días, algunha cuestión sobre Paz Andrade dende o punto de vista municipal".