O Concello persegue o fraude fiscal dando novas altas do Catastro

60

A empresa Laya (Longo y Ansa asociados SL) será a empresa que execute a actualización do Catastro nas parroquias do rural durante o vindeiro ano. Segundo explicou hoxe o portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González este traballo obedece a unhas das prioridades na área económica do Goberno: facer inspeccións para a actualización dos padróns e loitar contra o fraude fiscal.

Nunha primeira asistencia técnica realizadas na supervisión de dúas parroquias déronse 233 altas, que supuxeron para as arcas municipais arredor de 200.000 euros.

A previsión con este novo concurso de adxudicación (por valor de 72.600 euros) é dar arredor de 900 altas, o que suporá un ingreso duns 900.000 euros ao ano ao Concello. Esta actualización supón unha actualización dun 6% no padrón do IBI.

Esta nova revisión comezará polas parroquias de Tomeza e Marcón, e continuará polo resto das parroquias e ámbito urbano.