O Museo da Historia, ao Consello Consultivo

54

A Xunta de Goberno aprobou hoxe remitir ao Consello Consultivo de Galicia o expediente de rescisión de contrato do Museo da Historia para emitir informe dada a falta de acordo entre o Concello e a empresa redactora do proxecto. A asistencia técnica reclama unha indemnización de 176.000 euros e o Concello recoñece obrigas por 42.623 euros.

Unha vez enviado o procedemento, poderase iniciar as obras de consolidación e peche do xacemento.