Pontevedra celebra mañá o Día internacional dos dereitos do neno

35

A Concellaría de Benestar Social e a Fundación Meniños continúan adiante coas actividades programadas para celebrar o Día internacional dos dereitos do neno, que se celebra mañá, 20 de novembro. Dentro desta programación na que están previstas proxeccións de películas, un concurso de debuxos, entrega de premios e unha obra de teatro, terá un colofón moi singular a final da semana cunha acción sorpresa na cidade.

Mañá, no Día internacional dos dereitos do neno está previsto a entrega de premios do concurso de debuxos promovido pola Fundación Meniños entre os centros de ensino de Pontevedra, nun acto que se desenvolverá no Teatro Principal a partir das 18.00 horas e que terá como complemento a representación teatral "Antía, wamba e o regato pequeno" de Tropa de Trapo, contos e música.

No concurso de debuxos “O soño da bolboreta” que promovía unha reflexión sobre os dereitos dos nenos á educación participaron 1.844 rapaces dos centros CEIP Álvarez Limeses, CEIP Marcón, CEIP Cabanas Salcedo, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP San Martiño Salcedo, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPR Sagrado Corazón de Pontevedra, CPR Nuestra Señora de los Dolores, CEIP Pontesampaio, CEIP Marcos da Portela, CEIP Príncipe Felipe, CEIP Parada-Campañó, EEI Verducido, EEI Fina Casalderrey, CEIP Xunqueira I, CEIP Froebel, CPR San José.    

Os premiados por categorías foron:

• CEIP Príncipe Felipe. 4º Curso de Educación Infantil. Macarena Jeremías Varela. 
• CEIP Parada-Campañó. 5º Curso de Educación Infantil. Brais Vázquez Abilleira 
• CEIP Cabanas. 6º Curso de Educación Infantil. Blanca Collazo Couto 
• CEIP Sagrado Corazón Pontevedra. 1º Primaria. Sarah González Ferrer 
• CEIP Nuestra Señora de los Dolores. 1º Primaria. David Araujo Cons 
• CEIP Sagrado Corazón Pontevedra. 2º Primaria. Alicia Bouzas
• CPR Nuestra Señora de los Dolores. 3º primaria. María González Rodríguez 
• CEIP Álvarez Limeses. 3º Primaria. Uxía Antón Cobas 
• CEIP Álvarez Limeses. 4º Primaria. Anxo Canay Reguera 
• CPR Sagrado Corazón Placeres. Inés Reimúndez Pesqueira / Ángela Tilve Bustos 
• CPR San José. Silvia Quintáns Fernández 
• CPR Sagrado Corazón Placeres. Martín Seijas González

Os debuxos gañadores exporanse nas librerías colaboradoras con este concurso de debuxos son Paz, Cronopios, Escolma, El Pueblo e Seijas. Tamén colabora neste concurso a editorial Kalandraka. Todos eles donarán un lote de libros para cada un dos gañadores adaptados para ciclo escolar.

Os actos de celebración do Día internacional dos dereitos do neno rematarán o venres, 23, cunha acción sorpresa na cidade.