Rematada a reparación de fontes e lavadoiros do Plan de sostemento de espazos públicos no rural

51

O concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez fixo esta mañá unha visita a distintas fontes e lavadoiros de parroquias do rural que se rehabilitaron e nas que se fixeron traballos de roza e mantemento nos últimos meses. Estes traballos están incluídos dentro do primeiro Plan de sostenemento de espazos públicos no rural, unha campaña prevista para o último cuatrimestre do ano e que está en plena execución.

Os traballos de reparación de fontes e lavadoiros remataron nestes días coa reparación integral da fonte e lavadoiro do Birrete, na parroquia de Salcedo, unha das obras que foi ver esta mañá Demetrio Gómez. Pero durante estes meses fixéronse traballos noutros elementos patrimoniais como:

• Santa María de Xeve
o Reparación e limpeza integral do lavadoiro de Couso
o Arranxo e limpeza da fonte de Frieiro
• Lérez
o Reparación integral do lavadoiro de Casaldarado
o Reparación da traída de auga na Fonte do Outeiro
• Cerponzóns
o Reparación da fonte da Fonteiriña en Tilve
• Mourente
o Reparación integral do lavadoiro da Condesa
• Lourizán
o Limpeza e selado da pía do lavadoiro do Rial
o Limpeza e embelecemento da fonte da Guiñadoira

O Plan de sostenemento de espazos públicos no rural está a actuar nas parroquias de Verducido, Santa María de Xeve, Lérez, Cerponzóns, Bora, Mourente, Marcón, Tomeza, Salcedo e Lourizán.

Inclúe traballos como:

• Salcedo
o Retirada dunha raíz na suba á Carballa
o Arranxo de conducións de pluviais na Esculca
o Limpeza e reparación de reixas de taxea na Carballa

• Tomeza
o Reparación do firme na pista de acceso a Lusquiños

• Bora
o Completar canalización de pluviais e reparación de firme na suba á Igrexa
o Colocación de valado na praza do carballo do Valo
o Limpeza e afirmado de camiño peonil entre O Valo e O Couto con canalización para a traída veciñal de auga

• Marcón
o Reparación de firme e recollida de pluviais no acceso ao adro da Igrexa de San Miguel

• Santa María de Xeve
o Arranzo integral de camiño en Gatomorto

• Verducido
o Arranxo puntual da rede de pluviais en Covadaspera (localizar avaría e solucionala)

• Lérez
o Seguranza viaria no acceso á parroquia dende a Avda. de Compostela


Tamén se están a facer traballos de sostemento da rede de pluvías nas vías municipais nas parroquias de Verducido, Santa María de Xeve (Limpeza de cuneta baixo o cemiterio), Lérez e Tomeza coa limpeza, sostemento e reparación de cauces, cunetas, sumidoiros, canos, taxeas, arquetas, bermas ou cursos de auga.

Outro dos traballos dentro deste Plan de sostemento de espazos públicos está a reparación integral dos firmes das vías municipais nas parroquias de Cerponzóns, Lérez, Santa María de Xeve, Verducido, Salcedo e Marcón.