Comeza o obradoiro de cooperativismo de Pisando forte

46

A Concellaría de Xuventude continúa coa programación de Pisando Forte ao iniciar o Obradoiro de divulgación do Cooperativismo que se impartirá mañá e o xoves, de 17.30 a 20.30 horas no Pazo da Cultura. Está dirixido a mozos de 16 a 35 anos.

Neste obradoiro impartido pola Federación de cooperativas SINERXIA, participarán 15 mozos e mozas.

O obxectivo principal é o de activar procesos de dinamización de grupos de persoas promotoras de potenciais proxectos cooperativos, con posibilidades de viabilidade social e económica, promovendo o desenvolvemento local participativo e endóxeno do noso territorio.

Analizarase o funcionamento de varias cooperativas que activas.