O Concello de Pontevedra recibirá este venres, 23 de novembro, a visita da ministra de Fomento, Ana Pastor para a sinatura da addenda ao convenio de Fomento para a construción do desdobramento da avenida de Vigo. A visita será entre as 18.00 e as 18.30 horas.
Segundo explicou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, onte rematou o prazo para a presentación de alegacións. Presentáronse 6 alegacións referidas á propiedade de persoas na zona, unhas alegacións que o concelleiro considerou benvidas dado que así facilitará o traballo do proceso de expropiación que se poderá comezar a final de ano, ao igual que o proceso de licitación da obra.