Pontevedra, unha auga de ISO

65

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá, en nome do Concello de Pontevedra, a acreditación ISO 22000 de certificación alimentaria pola inocuidade da auga, e dos alimentos. A certificación foi entregada pola empresa TÜVRheinland acreditada para a entrega destas certificacións internacionais.

Esta certificación ISO garante os controles analíticos en todos e cada un dos procesos polos que pasa o suministro de auga potable no abastecemento urbano de Pontevedra e da súa ría. Esta ISO pasa por realizar controles constantes da calidade do servizo en todos o seu proceso (captación, potabilización, doducción, distribución…)

Pontevedra é a cuarta cidade do Estado que ten esta ISO alimentaria e a primeira de Galicia, á que seguindamente se sumará Santiago de Compostela.

O alcalde recibiu esta mañá a certificación de mans de Javier Mediavilla, o responsable da empresa certificadora no noroeste peninsular. Tamén asistiron os responsables da empresa Aquagest, concesionaria do servizo de abastecemento de auga da cidade, e a través da que se solicitou esta acreditación de calidade para o abastecemento de auga potable no Concello de Pontevedra.