Comeza a quinta edición de “Pontedetapas”

37

O certame gastronómico “Pontedetapas” comezou hoxe para prolongarse ata o próximo 9 de decembro, aproveitando así á ponte da Inmaculada. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, acompañada do tenente de alcalde, Antón Louro, e o concelleiro do Partido Popular Pablo Fernández foron os primeiros en participar nesta nova andaina  degustando a proposta dun dos establecementos.
Desta volta son 44 os locais pontevedreses que se sumaron á iniciativa que impulsa a Concellería coa colaboración da Asociación de Hosteleiros (Hoaspo).
O custo das tapas seguirá en 1,50 euros, bebida non incluída. Apostouse por manter o mesmo prezo que xa se fixou para a primeira edición e que, dende entón, permanece invariable.
Finalmente, a concelleira desvelou que manterase a mesma estrutura de premios. Non obstante, haberá menos viaxes e máis cheques-regalo para gastar no comercio local. A situación económica e a implantación de medidas lesivas para o consumo como a suba do IVE ou a supresión da paga extra dos traballadores públicos aconsellaban esta reorientación.
Máis información sobre locais e a relación de tapas na web do certame:
www.pontedetapas.es