A contratación a xestión recadatoria dos padróns en vía executiva e en vía voluntaria das multas

55

O Departamento de Economía e Facenda acaba de sacar a contratación da xestión recadatoria de todos os padróns ordinarios en vía executiva e das mulas en vía voluntaria. Raimundo González, responsable do departamento, explicou que durante os últimos anos "vénse facendo un bo traballo, con moi bos resultados cunha recadación arredor de 4 millóns en vía executiva, e 1,4 millóns en multas no último ano".

Rematada a vixencia actual do contrato, a Xunta de Goberno acordou hoxe volver a sacar o contrato a concurso, cunha contía máxima de 900.000 euros por catro anos.