Asinada a addenda para o desdobramento da avenida de Vigo

90

O Concello de Pontevedra recibiu onte a visita da ministra de Fomento, Ana Pastor para asinar xunto ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores a addenda ao convenio co Ministerio de Fomento para a execución do desdobramento da avenida de Vigo. En virtude desta addenda, o Ministerio achega 7 millóns de euros ao Concello para a construción deste desdobramento, unha obra que se encarga de licitar e executar o Concello.

Nunha breve visita, a ministra fixo un seguimento das obras que o Ministerio ten en execución no Concello de Pontevedra como a reforma do nó do Pino, que está parado por problemas coa empresa. Ana Pastor anunciou que manterá unha reunión coa empresa no Ministerio para coñecer as súas intencións, e esixirlle (de ser o caso) a renuncia ao contrato e a nova contratación doutra empresa para rematar os traballos pendentes.