Cambio de toda a iluminación da praza de Europa do barrio de Monte Porreiro

74

O Concello de Pontevedra inicia mañá os traballos de renovación de toda a iluminación da praza de Europa no barrio de Monte Porreiro. Trátase dun compromiso adquirido polo concelleiro delegado do barrio, Luís Bará, e acordado no consello parroquial.
Na actualidade na praza de Europa existen luminarias de distinto tipo, a maior parte delas obsoletas. Serán substituídas por unhas luminarias máis altas no perímetro da praza, e outras máis acordes co entorno no interior da praza, ademais de proxectores para os parques infantís que carecen dunha iluminación apropiada.

En total a praza disporá de 20 farois, sete báculos e un proxector para o parque infantil, de tal xeito que se poida ampliar o seu uso, especialmente, durante os días de inverno.

O cambio desta iluminación implica melloras de eficiencia enerxética, seguindo a política realizada no resto da cidade. O proxecto supón un investimento de 22.000 euros. Aínda que se poida tratar dunha pequena contía, suporá un importante mellora para a calidade de vida dos veciños de Monte Porreiro e usuarios do parque.