O Concello cede o uso do Centro cultural de Santa María de Xeve a ASPACE

63

O Concello de Pontevedra asinou un convenio de colaboración con ASPACE-Galicia para o uso do centro social de Santa María de Xeve como sede deste colectivo, que comparte coa asociación de veciños e da comunidade de montes.

O concelleiro delegado da parroquia de Santa María de Xeve, Miguel Filgueira explicou esta mañá que esta cesión está dentro das políticas que fomenta o Concello de uso dos locais públicos polas entidades, asociacións, comunidades permitindo darlle o maior uso a este tipo de espazos.

No caso de Santa María o uso do centro social por parte de ASPACE permite abrir unha vía de colaboración entre a entidade e os veciños da parroquia como na organización de actividades e dinamización da parroquia. Dentro desta liña está o concerto solidario que organiza ASPACE o vindeiro 5 de decembro, ás 20.30 horas no propio Centro Cultural (ás entradas son a 5 euros), ou un circuíto de pádel solidario, entre o 30 de novembro e o 2 de decembro que se desenvolverá no Club School Padel Center de Monte Porreiro.