Pontevedra e os letrados da cidade asesorarán gratuitamente aos afectados polos desafiuzamentos

72

O Concello de Pontevedra formalizou onte a súa colaboración co Colexio provincial de Avogados na creación dunha oficina de información, asesoramento e intermediación (sempre de balde) en casos de desafiuzamentos no concello de Pontevedra.

Esta colaboración formalizouse a través dun protocolo de actuación que nas vindeiras semanas se transformará nun convenio polo cal o Concello porá a disposición do Colexio de avogados unha oficina na Casa Azul e tamén unha contía para gastos de funcionamento dos letrados que participen neste turno.

O alcalde foi o encargado de asinar o convenio xunto ao decano do Colexio de avogados quen anunciou que xa están anotados neste turno 70 avogados na provincia e 30 na capital. Pontevedra é xunto a Porriño e Ponteareas os únicos concellos que subscribiron este convenio para a asistencia letrada gratuíta.