Recurrida no xulgado unha axuda de Industria para a Illa

42

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá recurrir no Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a resolución da Consellería de Industria pola cal denegou unha axuda para o retranqueo da liña de media tensión da Illa do Cobo.

O Concello solicitara unha subvención para esta obra e foille denegada por ter sido presentada fora de prazo. Dende o Concello, deféndese que a solicitude foi presentada en prazo, o que foi denegado fora de prazo foi a decisión da Xunta.