O Premio xoven empresario, este vernes

70

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á diretiva da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) que lle presentaron a celebración do XVII Premio xoven empresario de Pontevedra 2012 que se dará a coñecer este vernes, 30 de novembro no transcurso dunha cea celebrada no Casino de Pontevedra.

Por vez primeira, ademais do Premio xoven empresario, para o que hai dez candidaturas, tamén se entregará o Premio xoven emprendedor (pensado para as empresas con menos de 18 meses) para o que se presentaron 20 candidaturas.

O xurado reunirase ás 18.00 horas na sede da AJE e do que forma parte do alcalde.

Fernández Lores destacou a importancia de premios como este para estimular ás persoas á creación de empresas. Tamén animou á AJE a que siga traballando nesta liña "porque son un exemplo de dinamismo e de favorecer a os novos emprendedores".