O concelleiro de Deportes entrega o premio especial do Medio Maratón Serviocio 2012

51

Un corredor popular vigués foi o gañador do premio especial do Medio Maratón Serviocio 2012, celebrado o pasado mes de outubro. Foi elixido no sorteo celebrado entre todos os participantes na proba pontevedresa. Gozará dunha fin de semana para dúas persoas, con todos os gastos pagos, incluída unha inscrición para participar no maratón de Madrid o próximo 28 de abril.
Ismael Castro Martínez recibiu o premio da man do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, nun acto celebrado na piscina de Campolongo. Asistiron o director da instalación, Roberto Cancelas, e o presidente da Sociedade Ximnástica, Ramón Touza.
O gañador declarou que era a primeira vez que corría o medio maratón pontevedrés, que logrou completar nun tempo dunha hora e 37 minutos. Asegura que trátase dunha proba fermosa e ben organizada, polo que pensa repetir. O de Madrid será o segundo maratón que dispute, pois hai pouco estreouse no de Porto.
O Medio Maratón Serviocio 2012 chegou este ano a súa décimo sétima edición e congregou a máis de 1.200 corredores. Para o ano próximo estanse a barallar algúns cambios no percorrido para posibilitar que siga crecendo.