O II Concurso de Escaparates de Pontevedra arranca con 47 establecementos comerciais inscritos

53

Os escaparates de Pontevedra volven engalanarse da man do segundo concurso organizado pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo. O certame, que chega coa denominación “Ponte en Nadal” conta coa participación de 47 comercios da cidade, unha cifra que supón un importante incremento sobre os 32 que se sumaron á primeira edición, celebrada a pasada primavera.
O concurso conta co apoio do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e a asociación local de empresarios Aempe.
A concelleira, Carlota Román, amosa a súa satisfacción polo crecemento na participación, cumprindo así as expectativas xeradas hai só uns meses. Ademais, queda claro que o concurso estende o ámbito a diversas zonas comerciais da cidade, como era desexable, despois de que na primeira edición quedara un tanto limitado ao Centro Histórico.
Os escaparates deberán manterse dende agora ata o sábado, 15 de decembro incluído. A decoración será alegórica do ambiente propio do Nadal, con total liberdade en canto a técnica e o estilo a desenvolver.
O público poderá participar no sorteo de cheques compra cubrindo os seus datos na papeleta que se lles entregará por cada compra nos establecementos participantes e depositándoo nas urnas habilitadas na Casa da Luz (Praza da Verdura) en horario de 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas, de luns a sábado, e o domingo de 10 a 14 horas. En ningún caso, unha mesma persoa poderá resultar gañador mais dunha vez.
O xurado estará presidido pola concelleira de Promoción Económica e haberá un representante do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Aempe, dos medios de comunicación e un escaparatista profesional.
Os comercios competirán por tres premios. O primeiro e gañador levará 500 euros e diploma. O segundo, 300 euros máis diploma. Finalmente, o terceiro, 200 euros máis diploma.
Os clientes participantes que entreguen as papeletas optarán ao sorteo de 10 cheques-compra por valor de 20 euros a consumir entre os establecementos adheridos a Zona Monumental e Aempe e en todos os comercios que participen no concurso.


A relación de establecementos participantes é a seguinte:


CASUAL. C/ Sarmiento nº 29
FERRETERIA VARELA. C/ Don Gonzalo Nº 4
MERCERIA O ARCO. C/ Don Gonzalo nº 12
CHAMONIX MODA. C/ Manuel Quiroga nº 6
ERNESTO FILGUEIRA. C/ César Boente nº 3
ERNESTO FILGUEIRA. Praza de Méndez Núñez nº 17
LA CASA WINCHESTER. C/ Real nº 20
DROGUERIA MODERNA. Praza de Curros Enríquez nº 8
EL ARMARIO DE AUDREY. C/San Román nº 21
MARIA IGLESIAS PELUQUERIA. Praza de Barcelos 27 baixo
GOCCO. C/ Cruz Gallastegui nº 3
GELEE. Praza da Verdura nº 4
HIPERMASCOTA. Avda. Eduardo Pondal nº 8 baixo
BEATRIZ BAQUEIRO VIDAL FOTROGRAFIA. Galerías da Oliva local 21
JOYERIA TALLER DAVID COUTO. C/ Jose Adrio Barreiro nº 79
EMBA JOYEROS. C/ Marques de Riestra nº 7
TON-SAC. C/ Fray Juan de Navarrete nº 3
MAGDALENA SALA. C/ Oliva nº 26, bajo A
COQUETA. C/ Michelena nº 16
LEMBRANZAS. C/ José Adrio Barreiro nº 3 local 4
DICENFOT. C/ Cruz Gallastegui nº 1
SUNSET BULEVARD. C/ Peregrina nº 5
ZAPATA. C/ Manuel Quiroga nº 9
ADMINISTRACION DE LOTERIA Nº 7 – DORITA. C/ Loureiro Crespo nº 18 baixo.
JUNCAL ALIMENTACION. C/ Peregrina nº 9
POETE. C/ Manuel Quiroga nº 4
GANGAS. C/ César Boente nº 17
VESTIGIUM. C/ Oliva nº 25
D’BAÑO & HOGAR. Praza de San José nº 2
NALATCHA. Galerías Peregrina baixo 7
EL LAGARTO ESTA LLORANDO. C/ García Camba nº 9
GARCOVI. Galerías Oliva 14 – local 8
EQUIVALENZA. Galerías Oliva nº 7
MEIGA. Galerías Oliva nº 2 – local 27
FLORISTERIA SOPORTALES 8. C/ Soportais nº 8
BAMBOLA. C/ Cruz Gallastegui nº 5
BISTT9. C/ Castelao nº 9
TANISA. C/ Fernández Villaverde nº 4
GENFIS. Plaza da Ferrería nº 1
HOMES. C/ Michelena nº 2
DETALIA. Galerías de la Oliva nº 2- local 11
AMARANTE SETEM. C/ San Román nº 9
LAS MERCEDITAS DE IRIA. C/ Joaquín Costa nº 6
PERRO VERDE. C/ Cobián Roffignac nº 12
FIBULA. C/ San Román nº 19
PIAF. Nuevas Galerías da Oliva nº 6
BROSPER. C/ Fray Juan de Navarrete nº 3