“As cores do outono: Souto, impresión na mesa”

73

Lugar: Sexto Edificio do Museo

Hora: 11 h.

Obradoiro “As cores do outono: Souto, impresión na mesa”, para persoas con discapacidade. Seguindo a dinámica dos obradoiros realizados desde o Gabinete Didáctico do Museo, nos que se traballa unha técnica artística de forma lúdica e formativa a través dalgunha das obras da colección do Museo, presentamos dous obradoiros de pintura para este outono.

Souto, impresión na mesa. Este ano iniciaremos este obradoiros nunha fase experimental cun grupo de persoas don discapacidade psíquica moderada no mes de novembro e primeira quincena de decembro. Polo carácter de ensaio que ten nesta ocasión as prazas están xa cubertas.