Concurso de escaparates “Ponte en Nadal”

53

Concurso promovido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e Aempe.

Tres premios para os gañadores, dotados con 500 €, 300 €, 200 € e diploma. Os clientes teñen opción a cubrir unha papeleta, de entre as que se sortearán 10 cheques-compra por valor de 20 € para consumir en establecementos adheridos a Zona Monumental e Aempe.