Emerxencia en Redeaxuda

37

Redeaxuda acaba de activar unha alerta para poder seguir dando almorzos nos comedores de Calor e Café e Rexudir. Ambas entidades solicitan leite, cacao, café, azúcar e galletas para poder continuar dando almorzos de aquí a final de ano.

As baixas temperaturas levaron a moitas persoas a facer uso destes dous comedores que nestes días quedaron baixo mínimos deste tipo de provisións e solicitan a colaboración cidadá para poder seguir dando o servizo.

Os contactos están en redeaxuda.com
• Rexurdir Provincial: rúa Cruz Vermella, 18 baixo. Teléfono: 986 858 254
• Calor y Café: San Xulián, 4 baixo. Albergue: Casimiro Gómez, 21 baixo. 986 107 475 e 679 996 164.