O Salón do Libro en Culturgal

37

A concelleira de Cultura Anxos Riveiro presentou este fin de semana no stand que o Concello tiña instalado na Feira das Industrias Creativas Culturgal, o cartel do XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, acompañada da súa creadora, a ilustradora Almudena Aparício.

Almudena Aparicio, que plasmou na sua creación exclusiva para o Salón o tema “A toda máquina” conta cunha traxectoria de máis de 8 anos no mundo da ilustración,  cos libros “A casa máis animada do mundo”, “A araña que non sabía coser” e outros traballos a nível do estado. E membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) que, colaborou desinteresadamente na pasada edición cunha exposición de láminas sobre a superstición. 


A páxina web www.salondolibro.org xa ten dispoñible a información desta edición, incluíndo unha bibliografía con máis de 100 títulos relacionados coa temática “A toda máquina”.