O xurado do concurso de escaparates “Ponte en Nadal” constata unha mellora na calidade das propostas

47

O xurado comezou hoxe a visitar os escaparates participantes no concurso “Ponte en Nadal”, promovido pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e a asociación empresarial Aempe.
A concelleira Carlota Román encabezou unha comitiva que percorreu hoxe un terzo dos 47 establecementos participantes. Despois dun par de horas de labor, Román asegura que detectouse unha importante mellora de nivel con respecto á primeira edición, celebrada a pasada primavera.
O xurado constatou que se reflicte un maior esforzo por parte dos comerciantes, con propostas máis atractivas e profesionais. A maior calidade súmase tamén a unha maior cantidade, pois pasouse de 32 a 47 participantes.
O certame continuará ata o próximo 15 de decembro. A temática dos escaparates é libre, pero debe estar ambientada no Nadal.
O xurado continuará o seu labor nos próximos días. Está presidido por Carlota Román e inclúe representantes do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Aempe, dos medios de comunicación e un escaparatista profesional.
O público poderá participar no sorteo de cheques compra cubrindo os seus datos na papeleta que se lles entregará por cada compra nos establecementos participantes e depositándoo nas urnas habilitadas na Casa da Luz (Praza da Verdura) en horario de 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas, de luns a sábado, e o domingo de 10 a 14 horas. En ningún caso, unha mesma persoa poderá resultar gañador mais dunha vez.
Os comercios competirán por tres premios. O primeiro e gañador levará 500 euros e diploma. O segundo, 300 euros máis diploma. Finalmente, o terceiro, 200 euros máis diploma.
Os clientes participantes que entreguen as papeletas optarán ao sorteo de 10 cheques-compra por valor de 20 euros a consumir entre os establecementos adheridos a Zona Monumental e Aempe e en todos os comercios que participen no concurso.
A relación de establecementos participantes é a seguinte:
CASUAL. C/ Sarmiento nº 29
FERRETERIA VARELA. C/ Don Gonzalo Nº 4
MERCERIA O ARCO. C/ Don Gonzalo nº 12
CHAMONIX MODA. C/ Manuel Quiroga nº 6
ERNESTO FILGUEIRA. C/ César Boente nº 3
ERNESTO FILGUEIRA. Praza de Méndez Núñez nº 17
LA CASA WINCHESTER. C/ Real nº 20
DROGUERIA MODERNA. Praza de Curros Enríquez nº 8
EL ARMARIO DE AUDREY. C/San Román nº 21
MARIA IGLESIAS PELUQUERIA. Praza de Barcelos 27 baixo
GOCCO. C/ Cruz Gallastegui nº 3
GELEE. Praza da Verdura nº 4
HIPERMASCOTA. Avda. Eduardo Pondal nº 8 baixo
BEATRIZ BAQUEIRO VIDAL FOTROGRAFIA. Galerías da Oliva local 21
JOYERIA TALLER DAVID COUTO. C/ Jose Adrio Barreiro nº 79
EMBA JOYEROS. C/ Marques de Riestra nº 7
TON-SAC. C/ Fray Juan de Navarrete nº 3
MAGDALENA SALA. C/ Oliva nº 26, bajo A
COQUETA. C/ Michelena nº 16
LEMBRANZAS. C/ José Adrio Barreiro nº 3 local 4
DICENFOT. C/ Cruz Gallastegui nº 1
SUNSET BULEVARD. C/ Peregrina nº 5
ZAPATA. C/ Manuel Quiroga nº 9
ADMINISTRACION DE LOTERIA Nº 7 – DORITA. C/ Loureiro Crespo nº 18 baixo.
JUNCAL ALIMENTACION. C/ Peregrina nº 9
POETE. C/ Manuel Quiroga nº 4
GANGAS. C/ César Boente nº 17
VESTIGIUM. C/ Oliva nº 25
D’BAÑO & HOGAR. Praza de San José nº 2
NALATCHA. Galerías Peregrina baixo 7
EL LAGARTO ESTA LLORANDO. C/ García Camba nº 9
GARCOVI. Galerías Oliva 14 – local 8
EQUIVALENZA. Galerías Oliva nº 7
MEIGA. Galerías Oliva nº 2 – local 27
FLORISTERIA SOPORTALES 8. C/ Soportais nº 8
BAMBOLA. C/ Cruz Gallastegui nº 5
BISTT9. C/ Castelao nº 9
TANISA. C/ Fernández Villaverde nº 4
GENFIS. Plaza da Ferrería nº 1
HOMES. C/ Michelena nº 2
DETALIA. Galerías de la Oliva nº 2- local 11
AMARANTE SETEM. C/ San Román nº 9
LAS MERCEDITAS DE IRIA. C/ Joaquín Costa nº 6
PERRO VERDE. C/ Cobián Roffignac nº 12
FIBULA. C/ San Román nº 19
PIAF. Nuevas Galerías da Oliva nº 6
BROSPER. C/ Fray Juan de Navarrete nº 3.