Alumnos de Vigo fan esta mañá o roteiro Castelao

73

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Este martes, 4 de decembro, realizará a ruta un grupo de 58 alumnos/as de 4º curso de ESO do IES de Valadares (Vigo), que sairán da praza da Ferraría ás 11.30 horas.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.