“Gatos Pendurados” + “Xa que se vos di que é posible”. Ciclo Chris Marker

82

Lugar: Liceo Mutante

Hora: 21 h.

 

Para rematar o ciclo adicado a Chris Marker proxectanse dúas pezas do director francés no Liceo Mutante (Rosalía de Castro, 100).

 

· Gatos Pendurados (Chats Perchés, Chris Marker, Franza, 2004, VOS, 57′). “Pouco tempo despois do choque de Setembro de 2001, velaí que aparecen, nos tellados de París, uns gatos. Cun grafismo simple e de feitura perfeita, que resalta sobre a virtuosidade, por veces enleada, dos grafittis, levan con fachenda un amplo sorriso. Así que alguén, á noite, arrisca romper o pescozo por facer pairar unha mensaxe de bondade sobre esta cidade que tanta falta ten. Este filme constrúese seguindo a pista dos Gatos Sorrintes, de sorpresa en sorpresa”.

 

· Xa que se vos dí que é posible (Puisqu'on vous dit que c'est possible, Chris Marker, Franza, 1973, 47', VOS). Documenta a folga sostida polos traballadores da fábrica de reloxes Lip.

 

+info. en www.liceomutante.com ou ben en www.facebook.com/LiceoMutante