Rosalía sempre viva, no Sagrado Corazón de Xesús até o 17 de decembro

61

Froito da colaboración entre o Concello de Pontevedra e a Fundación Manuel María, a Concellaría de Normalización Lingüística dispón, ata o Nadal, da exposición Rosalía sempre viva. Viva Rosalía.

Esta mostra está sendo cedida a diferentes centros de ensino que a solicitaron, como o CEIP de San Martiño (Salcedo), o CEIP de Campolongo ou o IES A Xunqueira II; e chega mañá, 5 de decembro, ao CPR Sagrado Corazón.

Está composta por 20 rollers nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, adiantando a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.