A feira do sábado, día 8, adiántase ao venres

76

A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, asinou hoxe a orde pola que a feira prevista para o próximo sábado día 8 na Xunqueira (rúa Enxeñeiro Rafael Areses) adiántase ao venres, día 7.
A resolución faise en cumprimento do previsto na Ordenanza reguladora da venda ambulante no municipio de Pontevedra, que establece que cando a xornada feirada coincida con día festivo adiántase á xornada anterior.