Conferencias “Passivhaus e Bioconstrución”

73

Lugar: Salón de actos no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

A entrada ás charlas é gratuíta. O aforo é limitado así que para asegurarte o acceso deberás confirmar a túa asistencia mediante correo a eventos@casadobe.es, ou no teléfono 986 84 70 69.

Programa:

16:15 h. Presentación do evento.

16:30 h. Introdución ao estándar passivhaus para a construción de edificios de moi baixo consumo enerxético. Nuria Díaz Antón. Arquitecta e Passive House Designer.

17:30 h. Sistemas de depuración natural da auga. Beatriz Roo. Técnico Agropecuario e Xardinaría.

Descanso.

18:45 h. Soneu, unha casa pasiva en Portonovo. Mike Lehmhaus. Arquitecto e fundador de Casadobe.

19:45 h. O estándar Passivhaus como reto para a vivenda social. Anne Vogt. Arquitecta e Passive House Designer.