Exposición “Passivhaus e Bioconstrucción”

67

Lugar: Casa das Campás. Rúa Don Filiberto, 9 – 11.

Horario: de luns a venres de  10 a 13 h. e de 18 a 21 h.

A Plataforma da edificación Passivhaus organizou en outubro de 2011 o 1º Concurso Iberoamericano Passivhaus co obxectivo de analizar a situación actual dos edificios de consumo case nulo en España e Iberoamérica e sacar conclusións con respecto á posibilidade de chegar ao estándar marcado pola Directiva Europea (2010/31/UE) no 2020. Os proxectos seleccionados no concurso foron elaborados baixo parámetros de eficiencia enerxética cun consumo case nulo e a maioría deles baixo o estándar Passivhaus, ademais de presentar outros criterios de sostibilidade.

Os proxectos seleccionados pasaron a formar parte dunha exposición itinerante que o PEP ofrece para a súa distribución por toda a península. Tiveron unha boa acollida en Asturias, Segovia, Madrid, Valladolid e Valencia.

Dende Casadobe teñen o interese de que este estándar enerxético se divulgue, polo que solicitamos ao PEP o traslado da exposición á nosa comunidade. Ademais realizarase unha exposición paralela sobre os principios básicos de Passivhaus e bioconstrucción, así como de traballos realizados polo estudo.