Xornada de Sexoloxía no Teatro

46

A Sociedade Galega de Sexoloxía  organiza o 14 de decembro, ás 19.30 horas no Teatro Principal, unha xornada sexolóxica consistente en dúas conferencias-debate. Na primeira intervirá o vicepresidente da Sociedade Emilio López Bastos, psicólogos e master en sexoloxía que exporá o tema “Dinámicas do desexo na parella: aclarando mitos”. Abordará cuestións como factores que influen no desexo sexual na parella.

A continuación faráo o convidado da xornada, Félix López Sánchez, catedrático de psicoloxía da sexualidade, autor de numerosos libros e publicacións, e cunha experiencia profesional de máis de 30 anos, que disertará sobre “Sexualidade e liberdade: a diversidade sexual”. Contará que a sexualidade humana ten unha especificidade: podemos tomar decisións sobre a nosa actividade sexual.