Continúan os actos sobre Patrimonio funerario

72

A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa neste mes de decembro coas actividades vinculadas ao coñecemento do importante patrimonio funerario do Concello de Pontevedra.

A programación é a seguinte:

• Venres 14 de decembro 20.30 horas no CITA. Conferencia de Antonia Pérez Naya: "O cemiterio de San Amaro como arquivo de memoria".
• Martes 18 de decembro 20.30 horas no CITA. Mesa redonda sobre "Os cemiterios históricos de Pontevedra (Santa María, San Domingos, San Bartolomeu O Vello), á luz da arqueoloxía e da antropoloxía física"     Coa participación de Xoán Carlos Castro (arqueólogo) e Olalla López Costas (antropóloga física).