Delahoja presentan “Más difícil todavía”

72

Lugar: Sala Karma

Hora: 22 h.

Delahoja presentan "Más difícil todavía", 16 cortes (máis 2 bonus tracks) onde o grupo fusiona árabe e castelán cunha naturalidade innata, apostando por diferentes estilos e sensacións. Delahoja concibe a súa música dunha forma inusual, unha mestura sensorial de alegría, temor, loita, positivismo, festa e crítica social, cun estilo absolutamente propio.

"Más difícil todavía", é o terceiro longa duración de Delahoja, e contou con colaboracións de luxo: empezando polo apartado internacional, destaca a colaboración (no tema "La conexión") dun dos grupos de referencia do Hip-Hop internacional, Cypress Hill, procedentes de Los Ángeles (California); en canto ás colaboracións nacionais, para o tema "Caeréis", puideron contar con "Nerviozzo", un dos membros de Dúo Kie e ex-presentador de MTV Tuning, e por outro lado, con Rack Eterno en "A contra reloj".

Prezo da entrada: 10 € (anticipada a venda en BoomBox, Pequeño Karma, Rei Centolo e https://www.ticketea.com) e 14 € (taquilla).