O alcalde visita ás instalacións de Alba na cidade

45

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social Municipal visitaron esta mañá as instalacións da Asociación de enfermos psiquiátricos Alba, situada na Cidade Infantil Príncipe Felipe, en resposta ao convite que lle trasladaron ao alcalde os usuarios de Alba no último Paseo polas nubes.

Alba é una asociación declarada ben de interse púlbica que ten unha grande importancia na cidade de Pontevedra ao realizar obradoiros para enfermos psiquiátricos. Está atendendo a máis de 60 persoas e ten varios pisos de residencia na cidade de Pontevedra.

O alcalde comprobou os traballos en esmaltado, cerámica, pintura… que realizan nestes obradoiros e que supoñen unha tarefa moi enriquecedora para os usuarios. Tamén coñeceu nesta visita que son os campións de fútbol da liga de asociacións galegas que atenden a enfermos psiquiátricos. Na liga compiten 14 asociacións.

O Concello de Pontevedra ten asinado un convenio de colaboración coa Asociación Alba, que será renovado de cara ao vindeiro ano.